O pasado 26 de abril de 2025 celebrouse na Piscina Rías do Sur, en Pontevedra, a terceira xornada da Copa Promoción Prealevín e a terceira xornada da Liga Galega de Figuras nas categorías Alevín e Infantil, unha cita destacada no calendario da natación artística galega.

O Club Sincro Ferrol participou nesta competición cunha ampla representación de deportistas, demostrando unha vez máis o traballo realizado ao longo da tempada.

Na categoría alevín, o club estivo representado por nove nadadoras. Os resultados foron os seguintes:

  • Marta Leiras, quinta clasificada e cuarta entre as nadadoras do ano 2013.
  • Blanca Leiras, décimo quinta posición.
  • Silvia do Barro, vixésimo novena posición.
  • Sara Vigo, trixésimo novena posición.
  • Gaia Bande, corenta e sete posición.
  • Emma González, corenta e cinco posición.
  • Valeria Martínez, cincuenta e cinco posición.
  • Carlota Pérez, corenta e tres posición.
  • Noa Pico, terceira posición na xeral e primeira clasificada do ano 2014.

Na categoría infantil, tamén houbo representación do Club Sincro Ferrol coa participación de Julia Varela, que acadou a corenta e nove posición, e Némesis Lassey, que rematou na trinta e nove posición.

Durante a xornada de mañá, tivo lugar a Copa Promoción Prealevín, na que participou Candela Lourdes. Nunha competición con sesenta e nove participantes, Candela conseguiu a cincuenta e tres posición, sumando unha nova experiencia competitiva no seu proceso de formación deportiva.

Dende o Club Sincro Ferrol queremos felicitar a todas as nosas nadadoras polo seu esforzo, compromiso e evolución, así como agradecer ao equipo técnico o seu traballo constante. Seguimos avanzando con ilusión nesta tempada, apostando polo crecemento deportivo e persoal das nosas deportistas.