O Club Sincro Ferrol participou na cuarta xornada da Copa Promoción, celebrada na Piscina Rosario Dueñas, en Ourense, nunha competición que volveu poñer en valor o traballo e a progresión das nosas deportistas ao longo da tempada.
Nesta xornada, o club estivo representado polo equipo de Promoción Infantil, que competiu na rutina combinada. As nadadoras que formaron parte deste exercicio foron Belén, Alba Couto, Victoria, Lucía, Sofía, Cecilia, Alba Ulloa, Briana e Miriam, que realizaron unha actuación moi sólida e ben executada.
O equipo acadou unha puntuación de 120,8042 puntos, sen ningún basemark, quedando a tan só 5,2 puntos das segundas clasificadas. Este excelente resultado permitiulles finalizar a competición na terceira posición, logrando así a medalla de bronce.
Dende o Club Sincro Ferrol queremos felicitar ás nadadoras e ao equipo técnico polo seu esforzo, concentración e bo facer na competición. Este resultado reflicte o compromiso e o traballo constante que se realiza día a día, e supón unha motivación extra para continuar avanzando nas vindeiras xornadas da Copa Promoción.