O Sincro Ferrol pon en marcha un ano máis o seu Campus de Verán de Natación Artística do 23-27 de Xuño unha proposta pensada para que nenas e nenos poidan gozar do deporte durante as vacacións estivais, ao tempo que aprenden e melloran as súas habilidades na natación artística.
O campus está dirixido tanto a deportistas do club como a participantes que se achegan por primeira vez a esta disciplina. Ao longo das xornadas, as asistentes traballan aspectos fundamentais como a técnica de nado, a coordinación, a flexibilidade e a expresión corporal, sempre adaptados á idade e ao nivel de cada grupo.
As actividades desenvólvense combinando traballo na auga con sesións en seco, xogos deportivos e dinámicas de grupo, fomentando valores como o compañeirismo, o respecto e o traballo en equipo. O campus convértese así nun espazo no que aprender, mellorar e, sobre todo, divertirse.
O equipo técnico do Sincro Ferrol, formado por adestradoras tituladas e con experiencia, encárgase de guiar ás participantes durante todo o campus, garantindo un entorno seguro, motivador e educativo.
Con esta iniciativa, o Sincro Ferrol continúa apostando pola promoción da natación artística e polo deporte base, ofrecendo unha alternativa saudable e formativa para o verán, na que as deportistas poden seguir en contacto coa piscina e co club mesmo durante o período vacacional.
Club Sincro Ferrol funciona gracias a WordPress