Benvida ao blog do Club Sincro Ferrol, un espazo adicado ao deporte, pero sobre todo á natación artística.
Este deporte minoritario abarca diferentes especialidades: a natación, a danza e a ximnasia que combinadas entre sí crean un lenzo de beleza acuática.
Neste blog manterémoste informada das grandes proezas das nosas sereasetritóns, que non van ser poucas xa que vemos de moitos anos dedicándonos á natación artística.
Se o noso club destaca por algo é pola unidade que teñen as nosas nadadoras, xa que dende o primeiro momento tentamos inculcar que é un deportedeequipo e que somos máis fortes todas xuntas.
Por isto e por moito máis O Club Sincro Ferrol é unha gran familia.