Club Sincro Ferrol

Así somos

A nosa historia

O Club Sincro Ferrol iniciou a súa actividade no ano 1997 como escola de servizo nas instalacións da Malata, competindo como Serviocio nalgunhas ocasións.

 

Foi no ano 2002 cando se converteu en Club, acción obrigatoria para poder participar nas competicións.

 

Dende ese mesmo ano a asociación iniciou un crecemento ascendente, o que incluía a participación de cada vez máis deportistas e así foi como se comezou a asistir a os campionatos de España. 


A tempada 2008/2009 foi durísima para o Club, xa que non había adestradora e foron as propias nadadoras as que montaron as súas rutinas para competir. Nesa tempada foi cando se empezaron a ter nadadoras no centro de alto rendemento: Antia Picallo, Carla Lagoa e Cristina de Castro.


O Club continuou o seu crecemento ata alcanzar o máximo número de nadadoras na  tempada 2018/2019. Nesta tempada o equipo tivo a sorte de contar coa axuda técnica da ex nadadora olímpica Laura Valle

Dende que se comezaron a facer tecnificacións de natación artística a nivel galego sempre tivemos nadadoras seleccionadas: Eva Herrero en infantil e Junior, Naiara García en alevín, Xiana Rey en infantil, Xandra Martínez en infantil , Lucía Cupeiro en alevín, Iria Pico en alevín e a última polo momento Julia Varela en alevín.

 

A asociación foi organizadora de competicións de figuras, de competicións de rutinas, Open Internacional, pases de nivel galegos, etc. 

 

Ademais, organizamos o campionato de España aleví infantil de 2a división no 2019.

Por outro lado, creamos e organizamos o único Open Internacional a nivel galego.  

Seguiremos traballando de corazón e poñeremos todo o noso esforzo na natación artística.

Adestradoras

Fai clic nos nomes para descubrir ás nosas adestradoras!

Pasa o cursor e descubre ás nosas adestradoras!

Queres coñecernos máis?

Non dubides en consultar todo o que precises. Estaremos encantados de axudarte!