O pasado fin de semana 13-15 de Xuño celebrouse nas instalacións do Complexo deportivo Rías do Sur (Pontevedra) o Campionato Galego de Nivel de Verán. 

Unha data moi marcada para o club xa que participamos con 6 rutinas e figuras alevín e infantil

Todas as rutinas presentadas nesta competición foron da adestradora e directora técnica do club Ainhoa Lechuga Fernández.

Na 1a sesión do venres pola tarde se realizaron as figuras: 

Na categoría infantil: Julia Varela 38 posición.

Despois participaron as alevíns: Marta Leiras 9 posición, Noa Pico 25 posición, Blanca Leiras 8 posición, Sara Vigo 23 posición, Silvia Dobarro 32 posición, Gaia Bande 38 posición, Carlota Pérez 45 posición, Emma González 43 posición, Valeria Martínez 59 posición.

Nesta sesión se realizou a competición do só libre infantil:

JULIA VARELA VILA 5a clasificada con 95,6117 puntos, a 11 puntos da 4a clasificada.

Coas figuras obtivo 169,49298 puntos

A 2ª sesión do Campionato comezou ben forte !

Abrimos a mañá coa rutina do só libre alevín :

Marta Leiras Castro 4a posición con 90,0375 puntos. A 10 puntos da 1a clasificada , 9,4 puntos da segunda clasificada e 6,3 puntos da 3a clasificada.

Sumando as figuras obtivo 171,8129 puntos e quedou 30 puntos por enriba da 5a clasificada.

Na mesma sesión participou o Combo alevín:

Marta leiras, Blanca Leiras, Silvia Dobarro, Sara Vigo SUPLENTE, Gaia Bande, Emma González, Valeria Martínez, Carlota Pérez e Noa Pico. 

3ª clasificadas galegas e medalla de bronce con 137.8169 puntos, a 20 puntos das 2ª clasificadas. 

Xa na sesión do sábado pola tarde:

O Club Sincro Ferrol competir co dúo libre alevín. Blanca Leiras Castro e Noa Pico Pérez 3as clasificadas coa puntuación da rutina con 87,9458 e sumando as figuras obtiveron a 4a posición con 144,4321 puntos a 4 puntos das 3as clasificadas.

Na última xornada da competición na sesión de mañá competimos co dúo femenino infantil : JULIA VARELA VILA e NÉMESIS LASSEY BLANCO participan coma preswimmer e obteñen 78,7479 puntos.

Tamén na sesión de mañá o equipo alevín :

-Marta leiras 

-Blanca Leiras 

-Silvia Dobarro 

-Sara Vigo SUPLENTE

-Gaia Bande 

-Emma González 

-Valeria Martínez 

-Carlota Pérez 

-Noa Pico 

5AS clasificadas con 57,6125 puntos (nota de rutina) e 133,71515 sumando as figuras.