
XA ESTÁ AQUÍ DECEMBRO E CON ESTE MES TAN FERMOSO CHEGA A NOSA EXHIBICIÓN DE NADAL!
NON PODES FALTAR 🌟🎄

XA ESTÁ AQUÍ DECEMBRO E CON ESTE MES TAN FERMOSO CHEGA A NOSA EXHIBICIÓN DE NADAL!
NON PODES FALTAR 🌟🎄
O pasado 9 de novembro tivemos unha cita no Comlexo deportivo Rías Do Sur.
Celebrouse o Campionato Galego de Rutinas técnicas junior e a Nosa nadadora Xandra Martínez Permuy participou e deixounous embelesados coa sua actuación.

Aquí temos a Xandra dando o gran paso para comezar a competir na modalidade de só técnico junior.
Competiu contra outras tres nadadoras galegas que forman parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Xandra conseguiu o 4o posto con 134,4333 puntos e representou a fermosa canción chamada Falling apart. 🤍
Nas rutinas técnicas existen unha serie de elementos que debes incorporar obligatoriamente á rutina, no caso do só son 6 elementos obrigatorios.

Comezamos tempada ben cargada de soños e ilusión e as nosas sereas demostraron que veñen pisando FORTE 💪

Esta Competición celebrouse en Pontevedra no Complexo Deportivo Rías do Sur o día 9 de Novembro de 2024 ❤️
En primeiro lugar participaron as nadadoras de infantil:
-Julia Varela 45 posición
-Ariela Soto 40 posición
-Nemesis Lassey 43 posición

Contamos con estas tres sereas nacidas no 2012 polo que son infantil de 1o ano as cales están moi unidas e cumprindo os obxectivos 🔥

Despois das infantiles competiron por primeira vez nesta tempada as nadadoras de Alevín. Este ano contamos cun equipo de 9 nadadoras! 🎶

-Marta Leiras 8 posición
-Blanca Leiras 13 posición
-Silvia DoBarro 28 posición (13 do 2014)
-Sara Vigo 34 posición
-Gaia Bande 35 posición
-Emma Gonzalez 36 posición
-Valeria Martinez 46 posición
-Carlota Pérez 50 posición
-Noa Pico que debido a unha lesión non puido competir pero foi a animar ao seu equipo.

Está claro que esta tempada TEN MOI BOA PINTA 💚💪😎
Noraboa polos resultados sereas 🧜♀️ a seguir loitando !
Estamos a emprender unha nova aventura no CLUB SINCRO FERROL e queremos contarvos porque estamos tan ilusionadas.
Comezamos coa iniciativa solidaria creada para visibilizar e fomentar a inclusión das personas con Síndrome de Down.
Para levar a cabo este propósito aparece Erea (nome de orixe galego, Irene en castelán), que é una preciosa boneca con síndrome de Down. Os seus rasgos característicos seguro que invitan a moitas persoas a interesarse por aumentar os seus coñecementos sobre o síndrome de Down e incluso, a darlle a coñocer aos seus fillos, fomentando en eles valores tan importantes como a empatía, o respeto e a tolerancia á diversidade, normalizando que todos somos diferentes e todos somos iguais e únicos dentro desta sociedade que nos agrupa.
Erea viaxará a partir do 11 de novembro do 2024 coñecendo a todalas persoas/familias que desexen participar nesta iniciativa solidaria que recauda fondos para a Federación Down Galicia, entidade sen ánimo de lucro.

O Club Sincro Ferrol, equipo de natación artística que compite a nivel autonómico e nacional, leva dende o ano 2004 practicando e dando exemplo de valores tan importantes como a solidaridade, o traballo en equipo, o empoderamento, a igualdade, o respeto, a superación persoal e a empatía, non podíamos deixar pasar esta oportunidade de dar un pasito máis e participar nesta iniciativa solidaria que apoia a inclusión das persoas con síndrome de down.
Maruxa Permuy, presidenta do Club Sincro Ferrol, invitou a Erea a un dos duros adestramentos que realizamos, así que Erea debe de ir collendo forza 💪
Se queres participar nesta iniciativa solidaria podes poñerte en contacto a través do WhatsApp 671442979 ( Pancho) para que poida enviarte a Erea.
Deixamos toda a información no siguiente enlace:
A tempada pasada despois de moitos anos conseguimos asistir aos dous Campionatos de España da categoría junior. Para nós foi un esforzo enorme e queríamos recordar o gran orgullo que sentimos polas nosas nadadoras.
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE INVERNO 🌟
Celebreouse en Valladolid do 15 ao 17 de Marzo de 2024 nas instalacións Piscina Municipal Cubierta Parquesol “Laura López Valle”.


Neste Campionato presentamos a rutina chamada só técnico junior que foi representado por Xandra Martínez Permuy a cal conseguiu a 17 posición de España a tan só 3 postos de clasificarse para a rutina só libre junior.
Xandra obtivo 149,8833 puntos sen BASE MARK na súa rutina.💚

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE VERÁN 🌟
Deste Campionato xa falamos noutra entrada do blog polo que comentamos por enrriba.
Celebrouse en Oviedo do 5 ao 7 de Xullo nas Piscinas Parque del Oeste.


Participamos co só técnico junior representado por Xandra Martínez Permuy que acadou a 27 posición con 175,4000 puntos (4a clasificada galega).🤍

Neste Campionato tamén participaron as dúas nadadoras novel de junior Vera Lamas Tenreiro e Iria Aller Rey coa rutina dúo técnico junior.
Conseguiron a 31 posición con 150,1233 puntos. Foi a 1a vez que esas nadadoras anticipaban nun Campionato de España e os nervios estaban á vista máis aínda así as nosas nadadoras fixeron unha fermosa actuación.🤍

Grazas á Deputación da Coruña que nos subvencionou para participar nestes Campionatos de España Junior de Inverno e de Verán.💧


Onte sábado 28 de setembro O Club Sincro Ferrol tivo unha cita no Pavillón Rías do Sur (Pontevedra) para celebrar a 1a tecnificación galega de natación artística da tempada 24-25.
A tecnificación foi impartida pola directora técnica de natación artística da Fegan Sandra Montes.
Participaron 43 deportistas en sesión de mañá nacidos entre o 2013 e 2016.
Do 2013 participaron as nosas xemelgas Marta Leiras e Blanca Leiras. 💚


Do 2014 Noa Pico e Silvia DoBarro.💚


E a máis pequena do 2015 Carlota Pérez.💚


As nosas nadadoras de alevín demostraron as ganas que teñen de seguir neste proxecto deportivo e estamos moi orgullosas do seu traballo.🌟
Na sesión de tarde participaron 31 deportistas nacidos entre o 2010 e 2012.
A nosa nadadora de infantil Julia Varela era a terceira vez que participaba nunha tecnificación galega, as dúas tecnificacións anteriores foron na categoría alevín e demostrou o seu potencial deixandonos súper orgullosos.


Esperamos seguir crecendo grazas ao esforzo das nosas sereas as cales teñen un futuro moi brillante por adiante.🏊♀️
Rematamos a tempada coa categoría junior o pasado 5, 6 e 7 de Xullo no que as nosas nadadoras mais veteranas participaron nas Piscinas Parque del Oeste (Oviedo) no Campionato de España Junior e Absoluto de Verán.

Nesta ocasión competiron as nadadoras Vera Lamas Tenreiro e Iria Aller Rey por primeira vez nun Campionato de España.
Foi un Campionato cheo de emoción xa que Iria remataba con nós a súa traxectoria como nadadora do Sincro Ferrol 💚
Este dúo fantástico conseguiu a 31 posición con 150,1233 puntos. Sodes todo un ORGULLO 🧜♀️


Pasamos ao seguinte evento coa nadadora mais veterana do Club se falamos de Campionatos de España: Xandra Martínez Permuy nadadora que xa participou nesta tempada no Campionato de España de inverno (Valladolid) participou neste Campionato de Verán coa rutina de só técnico acadando a 17 posición a tan só 4 postos de conseguir clasificarse.
Representou unha canción fermosa de Benson Boone chamada Beautiful things, seguro que a recoñecedes 🎶
Xandra conseguiu a 27 posición, con 175,4000 puntos e cabe destacar que foi a 4a clasificada galega.
Noraboa Xandra! ❤️


Dende o Club Sincro Ferrol agradecemos ás nadadoras o esforzo posto neste Campionato, ás familias das nadadoras por cubrir as bancadas de verde e á Deputación da Coruña por subvencionarnos para poder realizar este soño. 💚💧


Como broche final da tempada para as nosas alevíns entre os días 28-30 de Xuño de 2024 celebrouse nas instalacións do Pavillón dos Remedios (Ourense) o Campionato de España Alevín Promoción de Verán.

Dende a pandemia este club non conseguira presentar a Campionatos de España a ningún grupo de alevín mais estas rapazas traballaron moi duro para conseguer cumprir os seus obxectivos.
Na competición de figuras conseguiron a seguinte clasificación:
Noraboa sereas obxectivo máis que cumprido! ✨


O mesmo día na sesión de tarde participamos coa rutina combinada , os nervios e as ganas de saír á tarima de competición será un recordo que as nosas pequenas sempre terán na súa memoria.
Fixeron unha magnífica actuación representando ás SPICE GIRLS , unha rutina coa que destacaron as ganas de bailar.💃
Acadaron a 17 posición con 104,87 puntos, fantásticos resultados!


Xa na última sesión e para rematar a competición participamos coa rutina de equipo libre alevín representando a película de Cruella de Vil.🖤❤️
As nosas sereas superáronse e consegueron a 13 posición con 151,92 puntos, MARABILLOSAS !


Dende o Club Sincro Ferrol agradecemos ás nadadoras o esforzo posto neste Campionato, ás familias das nadadoras por cubrir as bancadas de verde e á Deputación da Coruña por subvencionarnos para poder realizar este soño. 💚💧




Rememoramos a fantástica tarde que pasamos o Domingo 23 de Xuño na Piscina Javier Gómez Noya.
As nosas sereas demostraron o gran traballo que fixeron ao longo da tempada 23-24 realizando as súas rutinas coas que competiron nos Campionatos Galegos das categorías de Promoción (prebenxamín, benxamín e infantil) e as categorías de nivel (alevín, infantil e xunior).
Algunas das rutinas que se presentaron mais adiante se presentarían nos Campionatos de España Alevín Promoción e Xunior de verán.

Nesta exhibición as nosas nadadoras tamén demostraron o gran traballo que levan realizando nas clases de danza as cales lles serven para a posta en escea á hora de competir.
Estas clases se levan a cabo na Academia Danza AMEI coa súa profesora Ana con quen estamos moi agradecidos do seu esforzo e dedicación.

Grazas a todas as persoas que asistiron por apoiar a este pequeno club ao que algúns nos gusta chamar FAMILIA 💚
Agradecemos tamén ao Concello de Ferrol por cedernos a instalación para poder celebrar dito evento e pola colaboración que nos prestaron.
E por último moitas grazas a Ricardo Aldrey , concelleiro de deportes do Concello de Ferrol por asistir e dar visibilidade aos pequenos deportes.