A nadadora do Sincro Ferrol, Noa Pico, participou na 2ª xornada de tecnificación de natación artística alevín , unha actividade dirixida ao perfeccionamento técnico das deportistas con maior proxección a nivel autonómico.
Durante esta xornada, Noa tivo a oportunidade de traballar aspectos clave da disciplina baixo a supervisión de persoal técnico especializado. Este tipo de sesións permiten ás deportistas adquirir novos coñecementos e seguir medrando tanto a nivel técnico como persoal.
Desde o Sincro Ferrol queremos felicitar a Noa Pico polo seu esforzo, compromiso e constancia, que lle permiten formar parte deste tipo de convocatorias. A súa participación nesta segunda tecnificación é un recoñecemento ao traballo realizado día a día nos adestramentos e supón unha motivación extra para afrontar o resto da tempada con ilusión.