O complexo deportivo Javier Gómez Noya foi o escenario o sábado 17 de xaneiro, dunha completa xornada de natación artística organizada polo club Sincro Ferrol, que reuniu un gran número de deportistas de distintos clubs galegos ao longo do día.
Durante a sesión de mañá, realizouse a 1a xornada copa promoción (categoría prealevín), participaron un total de 86 nadadoras, das cales 10 pertencían ao Sincro Ferrol, competindo como anfitrioas.
En canto aos resultados, Gaia acadou unha destacada cuarta posición, Carlota rematou en quinta posición, sendo ademais a primeira clasificada do seu ano de nacemento. Valeria alcanzou a vixésima posición, Lara foi vixésimo terceira, e Nya concluíu na vixésimo novena. Pola súa parte, Emma obtivo a trixésimo primeira posición, Valentina finalizou na trixésimo quinta, Sofía na corenta, Martina na corenta e catro e Miroslava na sexagesimo terceira posición completando así unha notable actuación do conxunto ferrolán.
Xa na sesión de tarde, celebrouse a segunda liga de figuras nas categorías alevín, con 61 nadadoras participantes, e infantil, cun total de 52 participantes, ademais das probas de acceso para formar parte da selección galega infantil.
Na categoría alevín, o Sincro Ferrol estivo representado por Noa, que acadou a sétima posición, e Silvia, que asinou unha excelente quinta posición. Na categoría infantil, competiron Marta, que rematou na vixésimo sétima posición, sendo ademais a cuarta clasificada do ano 2013; Blanca, que obtivo a trixésimo terceira posición e foi sexta do ano 2013; e Julia, que concluíu a competición na trixésimo novena posición.
A xornada desenvolveuse nun excelente ambiente de deportividade e compañeirismo, destacando o alto nivel competitivo, a elevada participación e a boa organización do evento, que consolida ao Sincro Ferrol e á cidade de Ferrol como referentes da natación artística a nivel autonómico.
Club Sincro Ferrol funciona gracias a WordPress