Club Sincro Ferrol

A visita de Erea 💚

O pasado domingo, Erea estivo no club Sincro Ferrol, o único club de natación artística do concello de Ferrol e o único da comarca que compite a nivel autonómico e nacional.

Tocou adestrar pola tarde e Erea acompañou ás nosas sereas, tanto no adestramento de seco como en auga.

Botoulle un ollo ao material que é preciso para practicar este deporte, quedáballe todo un pouco grande, sobre todo as chanclas🤣🤣

Como non puido tirarse á piscina, animounas dende o bordo, que digo animounas, veuse arriba e marcoulles o ritmo🎵🎶 coa picata.

Como o de meterse na auga non foi posible, fixo o spagat e por suposto non quixo marchar sen sacar unha foto coas nenas.

Grazas Erea por acompañarnos e ao mesmo tempo visibilizar este fermoso deporte 💚💚

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *