O día 18 de Xaneiro tivemos unha cita moi importante para as nosas sereas: competición de FIGURAS 🤸
A competición celebrouse nas instalacións do Sincro Ourense no Complexo deportivo Rosario Dueñas.

Comezamos a cita na sesión de mañá coa categoría de PREALEVÍN na que participaron 78 nadadoras de diferentes clubs galegos.
Participou nesta categoría Candela Loures acadando a 55 posición con 61,04 puntos de media das tres figuras realizadas. Noraboa Candela!

Xa na sesión de tarde comezamos coas alevins que realizaban xa a segunda liga de figuras da tempada 24-25. Participaron 9 nadadoras do noso club nun total de 56 nadadoras.

Os resultados foron:
-Marta leiras 5 posición
-Blanca Leiras 7 posición
-Silvia Dobarro 18 posición (7a do 2014)
-Sara Vigo 25 posición
-Gaia Bande 34 posición
-Emma González 37 posición
-Valeria Martínez 48 posición
-Carlota Pérez 38 posición
-Noa Pico 16 posición (5a do 2014)
Noraboa equipo 🌟

Para rematar a competición as nosas 3 nadadoras de primeiro ano de infantil competiroon contra outras 51 participantes na que foi tamén a 2ª competición da tempada 24-25 de Figuras.

Os resultados foron:
-Julia Varela Vila 41 posición
-Nemesis Lassey 42 posición
-Ariela Soto 44 posición
As nosas sereas seguirán traballando para as próximas competicións xa que aínda queda moita tempada!
