Club Sincro Ferrol

Unha tarde plateada 🥈

O pasado 15 de Febreiro celebrou se nas instalacións de INEF na Coruña a 2a Xornada Copa Promoción na cal participou o noso equipo de Promoción infantil.

Un equipo moi novo formado por:

Belén Rodríguez, Alba Couto, Victoria Díaz, Lucía Cupeiro, Sofía Rodríguez , Cecilia Posas , Alba Ulloa , Briana Algaba e Miriam Couce.

Este equipo representou unha rutina de ABBA fermosa e alcanzou os 87,6990 puntos sen recibir ningún Base mark,o único grupo da competición.

Este equipo está adestrado pola nadadora veterana do club Xandra Martínez Permuy.

Con esta puntuación quedaron na segunda posición 🥈 do campionato moi cerquiña das 1as clasificadas.

AS NOSAS SEREAS PASARON UNHA TARDE MOI PLATEADA 🥈

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *