O pasado fin de semana 22-23 de Febreiro celebrou se nas instalacións do Pabillón dos remedios en Ourense o Campionato Galego de Nivel de Inverno.
Unha data moi marcada para o club xa que participamos con 6 rutinas e figuras alevín e infantil.
Todas as rutinas presentadas nesta competición foron da adestradora e directora técnica do club Ainhoa Lechuga Fernández.
Na 1a sesión do sábado pola mañá se realizaron as figuras:
Na categoría infantil: Némesis Lassey 45 posición, Julia Varela 38 posición e Ariela Soto 44 posición.

Despois participaron as alevíns: Marta Leiras 8 posición, Noa Pico 14 posición, Blanca Leiras 17 posición, Sara Vigo 23 posición, Silvia Dobarro 32 posición, Gaia Bande 38 posición, Carlota Pérez 44 posición, Emma González 45 posición, Valeria Martínez 55 posición.

A 2a sesión do Campionato coomezou ben forte !
Abrimos a tarde coa rutina do dúo libre alevín a cal conseguiu os 82,1083 puntos, a segunda mellor nota en canto á rutina que sumando a puntuación das figuras da sesión da mañá fixo que as nosas nadadoras Blanca Leiras Castro e Noa Pico Pérez obtiveran o terceiro posto e medalla de bronce🥉 .


Tamén na sesión de tarde do sábado competimos co Equipo Combinado Alevín , representando unha rutina fermosa de Aladín 🧞♂️
O equipo estaba formado por: Sara Vigo Barros, Gaia Bande Pérez, Emma González Sela, Silvia Dobarro Orgeira, Marta Leiras Castro, Blanca Leiras Castro, Noa Pico Pérez, Carlota Pérez Rivas e Valeria Martínez Dobarro.
Este equipo acadou os 115,4052 puntos quedando na 5a posición galega a tan só 0,1011 puntos das 4as clasificadas.
