Club Sincro Ferrol

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO II ❄️

Continuamos coa 3a sesión deste Campionato a cal comenzou ben cedo e coa cal participamos con dúas rutinas:

A primeira foi o só libre infantil, representado por Ariela Soto Meizoso. Conseguiu 59,2975 puntos + as figuras 23,6061 creando un total de 82,9036 puntos e a 5a posición galega.

A segunda rutina desta sesión foi o só libre alevín, representado por Marta Leiras Castro.

A puntuación da rutina foi de 70,5333 puntos + 54,7053 puntos de figuras, un total de 125,2386 puntos e 4a clasificada galega.

Que rutina mais fermosa da pellícula Brave representou Marta 🏹

Na última sesión deste campionato e xa tras unha intensa fin de semana presentamos dúas rutinas máis.

A primeira foi o só libre senior, representada pola veterana e adestradora no club Xandra Martínez Permuy .

Xandra non obtivo ningún base mark e conseguiu os 120,7738 puntos conseguindo así a 2a posición galega e medalla de prata 🥈

A última rutina que presentamos foi o dúo libre infantil representado por Julia Varela Vila e Némesis Lassey Blanco.

Este dúo representou a canción Sweet dreams❤️

Conseguiron a 5a posición galega e 53,4000 puntos na rutina + 24,1242 puntos das figuras facendo un total de 77,5242 puntos.

Tras esta intensa competición agora queda preparar o Campionato de España alevín e infantil de inverno que se celebrará en Pontevedra no Complexo Deportivo Rías do Sur.

A seguir traballando sereas!💧

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *