Club Sincro Ferrol

Exhibición fin de tempada ✨

Rememoramos a fantástica tarde que pasamos o Domingo 23 de Xuño na Piscina Javier Gómez Noya.

As nosas sereas demostraron o gran traballo que fixeron ao longo da tempada 23-24 realizando as súas rutinas coas que competiron nos Campionatos Galegos das categorías de Promoción (prebenxamín, benxamín e infantil) e as categorías de nivel (alevín, infantil e xunior).

Algunas das rutinas que se presentaron mais adiante se presentarían nos Campionatos de España Alevín Promoción e Xunior de verán.

Nesta exhibición as nosas nadadoras tamén demostraron o gran traballo que levan realizando nas clases de danza as cales lles serven para a posta en escea á hora de competir.

Estas clases se levan a cabo na Academia Danza AMEI coa súa profesora Ana con quen estamos moi agradecidos do seu esforzo e dedicación.

Grazas a todas as persoas que asistiron por apoiar a este pequeno club ao que algúns nos gusta chamar FAMILIA 💚

Agradecemos tamén ao Concello de Ferrol por cedernos a instalación para poder celebrar dito evento e pola colaboración que nos prestaron.

E por último moitas grazas a Ricardo Aldrey , concelleiro de deportes do Concello de Ferrol por asistir e dar visibilidade aos pequenos deportes.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *