Club Sincro Ferrol

Campionato de España Alevín Promoción 🌟

Como broche final da tempada para as nosas alevíns entre os días 28-30 de Xuño de 2024 celebrouse nas instalacións do Pavillón dos Remedios (Ourense) o Campionato de España Alevín Promoción de Verán.

Dende a pandemia este club non conseguira presentar a Campionatos de España a ningún grupo de alevín mais estas rapazas traballaron moi duro para conseguer cumprir os seus obxectivos.

Na competición de figuras conseguiron a seguinte clasificación:

  1. NOA PICO PÉREZ 61, 7a clasificada das nadadoras do 2014.
  2. JULIA VARELA VILA 132.
  3. NÉMESIS LASSEY BLANCO 142.
  4. MARTA LEIRAS CASTRO 163.
  5. BLANCA LEIRAS CASTRO 170.
  6. ARIELA SOTO MEIZOSO 191.
  7. SARA VIGO BARROS 202.

Noraboa sereas obxectivo máis que cumprido! ✨

O mesmo día na sesión de tarde participamos coa rutina combinada , os nervios e as ganas de saír á tarima de competición será un recordo que as nosas pequenas sempre terán na súa memoria.

Fixeron unha magnífica actuación representando ás SPICE GIRLS , unha rutina coa que destacaron as ganas de bailar.💃

Acadaron a 17 posición con 104,87 puntos, fantásticos resultados!

Xa na última sesión e para rematar a competición participamos coa rutina de equipo libre alevín representando a película de Cruella de Vil.🖤❤️

As nosas sereas superáronse e consegueron a 13 posición con 151,92 puntos, MARABILLOSAS !

Dende o Club Sincro Ferrol agradecemos ás nadadoras o esforzo posto neste Campionato, ás familias das nadadoras por cubrir as bancadas de verde e á Deputación da Coruña por subvencionarnos para poder realizar este soño. 💚💧

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *