Rematamos a tempada coa categoría junior o pasado 5, 6 e 7 de Xullo no que as nosas nadadoras mais veteranas participaron nas Piscinas Parque del Oeste (Oviedo) no Campionato de España Junior e Absoluto de Verán.
Nesta ocasión competiron as nadadoras Vera Lamas Tenreiro e Iria Aller Rey por primeira vez nun Campionato de España.
Foi un Campionato cheo de emoción xa que Iria remataba con nós a súa traxectoria como nadadora do Sincro Ferrol 💚
Este dúo fantástico conseguiu a 31 posición con 150,1233 puntos. Sodes todo un ORGULLO 🧜♀️
Pasamos ao seguinte evento coa nadadora mais veterana do Club se falamos de Campionatos de España: Xandra Martínez Permuy nadadora que xa participou nesta tempada no Campionato de España de inverno (Valladolid) participou neste Campionato de Verán coa rutina de só técnico acadando a 17 posición a tan só 4 postos de conseguir clasificarse.
Representou unha canción fermosa de Benson Boone chamada Beautiful things, seguro que a recoñecedes 🎶
Xandra conseguiu a 27 posición, con 175,4000 puntos e cabe destacar que foi a 4a clasificada galega.
Noraboa Xandra! ❤️
Dende o Club Sincro Ferrol agradecemos ás nadadoras o esforzo posto neste Campionato, ás familias das nadadoras por cubrir as bancadas de verde e á Deputación da Coruña por subvencionarnos para poder realizar este soño. 💚💧