Club Sincro Ferrol

1a tecnificación de natación artística 24-25💧

Onte sábado 28 de setembro O Club Sincro Ferrol tivo unha cita no Pavillón Rías do Sur (Pontevedra) para celebrar a 1a tecnificación galega de natación artística da tempada 24-25.

A tecnificación foi impartida pola directora técnica de natación artística da Fegan Sandra Montes.

Participaron 43 deportistas en sesión de mañá nacidos entre o 2013 e 2016.

Do 2013 participaron as nosas xemelgas Marta Leiras e Blanca Leiras. 💚

Do 2014 Noa Pico e Silvia DoBarro.💚

E a máis pequena do 2015 Carlota Pérez.💚

As nosas nadadoras de alevín demostraron as ganas que teñen de seguir neste proxecto deportivo e estamos moi orgullosas do seu traballo.🌟

Na sesión de tarde participaron 31 deportistas nacidos entre o 2010 e 2012.

A nosa nadadora de infantil Julia Varela era a terceira vez que participaba nunha tecnificación galega, as dúas tecnificacións anteriores foron na categoría alevín e demostrou o seu potencial deixandonos súper orgullosos.

Esperamos seguir crecendo grazas ao esforzo das nosas sereas as cales teñen un futuro moi brillante por adiante.🏊‍♀️

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *