Club Sincro Ferrol

Campionatos de España 23-24❤️

A tempada pasada despois de moitos anos conseguimos asistir aos dous Campionatos de España da categoría junior. Para nós foi un esforzo enorme e queríamos recordar o gran orgullo que sentimos polas nosas nadadoras.

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE INVERNO 🌟

Celebreouse en Valladolid do 15 ao 17 de Marzo de 2024 nas instalacións Piscina Municipal Cubierta Parquesol “Laura López Valle”.

Neste Campionato presentamos a rutina chamada só técnico junior que foi representado por Xandra Martínez Permuy a cal conseguiu a 17 posición de España a tan só 3 postos de clasificarse para a rutina só libre junior.

Xandra obtivo 149,8833 puntos sen BASE MARK na súa rutina.💚

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE VERÁN 🌟

Deste Campionato xa falamos noutra entrada do blog polo que comentamos por enrriba.

Celebrouse en Oviedo do 5 ao 7 de Xullo nas Piscinas Parque del Oeste.

Participamos co só técnico junior representado por Xandra Martínez Permuy que acadou a 27 posición con 175,4000 puntos (4a clasificada galega).🤍

Neste Campionato tamén participaron as dúas nadadoras novel de junior Vera Lamas Tenreiro e Iria Aller Rey coa rutina dúo técnico junior.

Conseguiron a 31 posición con 150,1233 puntos. Foi a 1a vez que esas nadadoras anticipaban nun Campionato de España e os nervios estaban á vista máis aínda así as nosas nadadoras fixeron unha fermosa actuación.🤍

Grazas á Deputación da Coruña que nos subvencionou para participar nestes Campionatos de España Junior de Inverno e de Verán.💧

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *