Estamos a emprender unha nova aventura no CLUB SINCRO FERROL e queremos contarvos porque estamos tan ilusionadas.
Comezamos coa iniciativa solidaria creada para visibilizar e fomentar a inclusión das personas con Síndrome de Down.
Para levar a cabo este propósito aparece Erea (nome de orixe galego, Irene en castelán), que é una preciosa boneca con síndrome de Down. Os seus rasgos característicos seguro que invitan a moitas persoas a interesarse por aumentar os seus coñecementos sobre o síndrome de Down e incluso, a darlle a coñocer aos seus fillos, fomentando en eles valores tan importantes como a empatía, o respeto e a tolerancia á diversidade, normalizando que todos somos diferentes e todos somos iguais e únicos dentro desta sociedade que nos agrupa.
Erea viaxará a partir do 11 de novembro do 2024 coñecendo a todalas persoas/familias que desexen participar nesta iniciativa solidaria que recauda fondos para a Federación Down Galicia, entidade sen ánimo de lucro.
O Club Sincro Ferrol, equipo de natación artística que compite a nivel autonómico e nacional, leva dende o ano 2004 practicando e dando exemplo de valores tan importantes como a solidaridade, o traballo en equipo, o empoderamento, a igualdade, o respeto, a superación persoal e a empatía, non podíamos deixar pasar esta oportunidade de dar un pasito máis e participar nesta iniciativa solidaria que apoia a inclusión das persoas con síndrome de down.
Maruxa Permuy, presidenta do Club Sincro Ferrol, invitou a Erea a un dos duros adestramentos que realizamos, así que Erea debe de ir collendo forza 💪
Se queres participar nesta iniciativa solidaria podes poñerte en contacto a través do WhatsApp 671442979 ( Pancho) para que poida enviarte a Erea.
Deixamos toda a información no siguiente enlace: