Blog

  • Brillantes no X Trofeo Concello de Oleiros

    O pasado 11 de maio, na piscina de INEF (A Coruña), o noso club volveu demostrar que o traballo, a paixón e a constancia dan os seus froitos. Participamos no X Trofeo Concello de Oleiros e as nosas nadadoras deixaron o listón ben alto en todas as categorías nas que competiron.

    Aquí vos deixamos os resultados desta xornada inesquecible:

    1as clasificadas no Combo Infantil
    As nosas nadadoras brillaron con forza nesta categoría, acadando o primeiro posto no combo infantil. Unha rutina chea de enerxía, precisión e arte que conquistou ao xurado e ao público.

    Noraboa a:
    Belén, Alba, Briana, Lucía, Cecilia, Miriam, Sofía, Alba, Victoria e Úrsula
    Adestradas por Xandra Martínez

    2as clasificadas no Equipo Prebenxamín
    As máis pequenas do equipo demostraron que a idade non é un límite cando hai ilusión e compromiso. Conseguiron unha merecida medalla de prata nunha categoría moi reñida.

    Noraboa a:
    Enara, Isabella, Cloe, Veronika e Victoria
    Adestradas por Nekane Lechuga

    3as clasificadas no Equipo Benxamín
    As nosas benxamíns fixeron unha actuación brillante e moi emotiva, logrando o terceiro posto co seu equipo libre. O seu esforzo e dedicación fixeron posible este gran resultado.

    Noraboa pequenas:
    Solomiia, Valeria, Área, Icía e Miroslava
    Adestradas por Ainhoa Lechuga

    3as clasificadas no Combo Benxamín
    Tamén subiron ao podio co seu combo benxamín, mostrando unha coreografía fresca e moi sincronizada que lles valeu outra medalla de bronce.

    Noraboa a:
    Lara, Sofía, Nya, Martina e Valentina
    Adestradas por Ainhoa Lechuga

    Este trofeo foi unha celebración do talento, a amizade e o espírito de equipo que define a nosa familia da natación artística.

    Agradecemos ás adestradoras polo seu labor incansable e ás familias polo apoio constante. Seguimos medrando, aprendendo e, sobre todo, desfrutando deste fermoso deporte.

  • Campionato de España alevín e infantil de inverno 🌟

    Os días 28, 29 e 30 de Marzo de 2025 o as alevíns e infantís do Club Sincro Ferrol tiveron unha cita moi importante no Complexo deportivo Rías do Sur (Pontevedra).

    Nesta data tan sinalada as nosas nadadoras demostraron no Campionato de España 🇪🇸 o traballo duro que levan realizando dende que comezou a tempada.

    Estreamos o Campionato coas mais pequenas, as alevíns que realizaron o día 28 a competición de figuras. Participaron un total de 322 nadadoras de 40 clubs diferentes de España.💪

    As nosas sereas estaban nerviosas xa que a metade do equipo eran novatas e nunca asistiran a un Campionato de España mais as nadadoras “veteranas” as aconsellaron e apoiaron en todo momento.

    Participaron don noso club 9 nadadoras que xa conseguiran o nivel nesta mesma tempada para poder asistir a este Campionato. Os resultados foron:

    • Noa Pico Pérez: 122 posición, 36 posición das nadadoras do 2014 da clasificación xeral e 1a nadadora do 2014 galega. 💚
    • Marta Leiras Castro: 161 posición, 7a nadadora galega do ano 2013.💚
    • Blanca Leiras Castro: 172 posición, 8a nadadora galega do ano 2013. 💚
    • Silvia Dobarro Orgeira: 174 posición, 5a nadadora galega do ano 2014.💚
    • Gaia Bande Pérez: 301 posición.💚
    • Sara Vigo Barros: 303 posición.💚
    • Carlota Pérez Rivas: 305 posición, 4a posición galega do ano 2015.💚
    • Emma González Sela: 306 posición.💚
    • Valeria Martínez Dobarro: 317 posición.💚

    Comenzamos coa segunda sesión desde Campionato , o noso momento favorito xa que as nosas alevíns representaron a súa rutina de Aladín 🧞‍♂️

    No combo alevín non tivemos ningún Base mark , mellorando así os resultados do Campionato Galego de inverno e obtivemos 143,8733 puntos e a 29 posición quedando de 3as clasificadas galegas.❤️

    O combo alevín estaba formado polas 9 nadadoras que realizaron as figuras: Valeria, Silvia, Sara, Emma, Gaia, Carlota, Blanca , Noa e Marta. 🌟

    Este grupo foi adestrado por Ainhoa Lechuga Fernández.

    Xa na última sesión desde maravilloso campionato fixeron a súa actuación as nosas infantís Julia e Ariela que realizaron as súas figuras.

    Participaron un total de 390 nadadoras da categoría infantil de 41 clubs diferentes de España 🇪🇸 .

    Cabe destacar que as dúas nadadoras son de primeiro ano e acaban de conseguir o nivel infantil fai poucos meses para poder participar neste Campionato. Os resultados foron:

    • Julia Varela Vila: 361 posición 💚
    • Ariela Soto Meizoso: 383 posición 💚

    As dúas nadadoras demostraron o esforzo de toda a tempada e a valentía de asistir a un Campionato desta magnitude sen ter un equipo moi grande que lles respalde. Estamos moi orgullosos de vós! 💪

    Como club cabe destacar que na categoría alevín quedamos de 26 posición e 3o club galego con 198,6378 puntos.✨

    Agradecer ao Concello de Ferrol por subvencionar esta actividade para que as nosas nadadoras puideran asistir a este Campionato e poder vivir a experiencia todas xuntas. 👏🏻

  • CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO II ❄️

    Continuamos coa 3a sesión deste Campionato a cal comenzou ben cedo e coa cal participamos con dúas rutinas:

    A primeira foi o só libre infantil, representado por Ariela Soto Meizoso. Conseguiu 59,2975 puntos + as figuras 23,6061 creando un total de 82,9036 puntos e a 5a posición galega.

    A segunda rutina desta sesión foi o só libre alevín, representado por Marta Leiras Castro.

    A puntuación da rutina foi de 70,5333 puntos + 54,7053 puntos de figuras, un total de 125,2386 puntos e 4a clasificada galega.

    Que rutina mais fermosa da pellícula Brave representou Marta 🏹

    Na última sesión deste campionato e xa tras unha intensa fin de semana presentamos dúas rutinas máis.

    A primeira foi o só libre senior, representada pola veterana e adestradora no club Xandra Martínez Permuy .

    Xandra non obtivo ningún base mark e conseguiu os 120,7738 puntos conseguindo así a 2a posición galega e medalla de prata 🥈

    A última rutina que presentamos foi o dúo libre infantil representado por Julia Varela Vila e Némesis Lassey Blanco.

    Este dúo representou a canción Sweet dreams❤️

    Conseguiron a 5a posición galega e 53,4000 puntos na rutina + 24,1242 puntos das figuras facendo un total de 77,5242 puntos.

    Tras esta intensa competición agora queda preparar o Campionato de España alevín e infantil de inverno que se celebrará en Pontevedra no Complexo Deportivo Rías do Sur.

    A seguir traballando sereas!💧

  • CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO ❄️

    O pasado fin de semana 22-23 de Febreiro celebrou se nas instalacións do Pabillón dos remedios en Ourense o Campionato Galego de Nivel de Inverno.

    Unha data moi marcada para o club xa que participamos con 6 rutinas e figuras alevín e infantil.

    Todas as rutinas presentadas nesta competición foron da adestradora e directora técnica do club Ainhoa Lechuga Fernández.

    Na 1a sesión do sábado pola mañá se realizaron as figuras:

    Na categoría infantil: Némesis Lassey 45 posición, Julia Varela 38 posición e Ariela Soto 44 posición.

    Despois participaron as alevíns: Marta Leiras 8 posición, Noa Pico 14 posición, Blanca Leiras 17 posición, Sara Vigo 23 posición, Silvia Dobarro 32 posición, Gaia Bande 38 posición, Carlota Pérez 44 posición, Emma González 45 posición, Valeria Martínez 55 posición.

    A 2a sesión do Campionato coomezou ben forte !

    Abrimos a tarde coa rutina do dúo libre alevín a cal conseguiu os 82,1083 puntos, a segunda mellor nota en canto á rutina que sumando a puntuación das figuras da sesión da mañá fixo que as nosas nadadoras Blanca Leiras Castro e Noa Pico Pérez obtiveran o terceiro posto e medalla de bronce🥉 .

    Tamén na sesión de tarde do sábado competimos co Equipo Combinado Alevín , representando unha rutina fermosa de Aladín 🧞‍♂️

    O equipo estaba formado por: Sara Vigo Barros, Gaia Bande Pérez, Emma González Sela, Silvia Dobarro Orgeira, Marta Leiras Castro, Blanca Leiras Castro, Noa Pico Pérez, Carlota Pérez Rivas e Valeria Martínez Dobarro.

    Este equipo acadou os 115,4052 puntos quedando na 5a posición galega a tan só 0,1011 puntos das 4as clasificadas.

  • Unha tarde plateada 🥈

    O pasado 15 de Febreiro celebrou se nas instalacións de INEF na Coruña a 2a Xornada Copa Promoción na cal participou o noso equipo de Promoción infantil.

    Un equipo moi novo formado por:

    Belén Rodríguez, Alba Couto, Victoria Díaz, Lucía Cupeiro, Sofía Rodríguez , Cecilia Posas , Alba Ulloa , Briana Algaba e Miriam Couce.

    Este equipo representou unha rutina de ABBA fermosa e alcanzou os 87,6990 puntos sen recibir ningún Base mark,o único grupo da competición.

    Este equipo está adestrado pola nadadora veterana do club Xandra Martínez Permuy.

    Con esta puntuación quedaron na segunda posición 🥈 do campionato moi cerquiña das 1as clasificadas.

    AS NOSAS SEREAS PASARON UNHA TARDE MOI PLATEADA 🥈

  • 1a Copa Promoción Benxamín e Prebenxamín ✨

    As mais pequenas do club se estrearon o pasado 8 de Febreiro na 1a Xornada Copa Promoción celebrada nas instalacións do Sporting Club Casino Coruña.

    Participaron en primeiro lugar as PREBENXAMÍN :

    Enara Rodriguez Mata quedou na 2a posición.💚

    Victoria Diaz Gomez quedou na 24 posición. 💚

    Cloe Paz Marente quedou na 22 posición.💚

    Isabella Cidoncha Viqueira quedou na 12 posición.💚

    Noraboa sereas!💧

    Despois das Prebenxamíns foron as BENXAMÍNS: participaron un total de 95 nadadoras.

    Nya Lassey 18 posición.🌟

    Lara Barro 16 posición.🌟

    Valeria Chao 43 posición.🌟

    Sofía Bouza 30 posición.🌟

    Valentina Loureiro 36 posición.🌟

    Miroslava Tischenko 33 posición.🌟

    Area Morgade 88 posición. 🌟

    Martina Fojo 42 posición.🌟

    As adestradoras desta competición foron Nekane Lechuga en prebenxamín e Ainhoa Lechuga en benxamín.

    Noraboa sereas! 💧

  • Un sábado de moitas figuras…

    O día 18 de Xaneiro tivemos unha cita moi importante para as nosas sereas: competición de FIGURAS 🤸

    A competición celebrouse nas instalacións do Sincro Ourense no Complexo deportivo Rosario Dueñas.

    Comezamos a cita na sesión de  mañá coa categoría de PREALEVÍN na que participaron 78 nadadoras de diferentes clubs galegos.

    Participou nesta categoría Candela Loures acadando a 55 posición con 61,04 puntos de media das tres figuras realizadas. Noraboa Candela!

    Xa na sesión de tarde comezamos coas alevins que realizaban xa a segunda liga de figuras da tempada 24-25. Participaron 9 nadadoras do noso club nun total de 56 nadadoras.

    Os resultados foron:

     -Marta leiras 5 posición

    -Blanca Leiras 7 posición

    -Silvia Dobarro 18 posición (7a do 2014)

    -Sara Vigo 25 posición

    -Gaia Bande 34 posición

    -Emma González 37 posición

    -Valeria Martínez 48 posición 

    -Carlota Pérez 38 posición 

    -Noa Pico 16 posición (5a do 2014)

    Noraboa equipo 🌟

    Para rematar a competición as nosas 3 nadadoras de primeiro ano de infantil competiroon contra outras 51 participantes na que foi tamén a 2ª competición da tempada 24-25 de Figuras.

    Os resultados foron:

     -Julia Varela Vila 41 posición 

    -Nemesis Lassey 42 posición

    -Ariela Soto 44 posición 

    As nosas sereas seguirán traballando para as próximas competicións xa que aínda queda moita tempada!

  • A visita de Erea 💚

    O pasado domingo, Erea estivo no club Sincro Ferrol, o único club de natación artística do concello de Ferrol e o único da comarca que compite a nivel autonómico e nacional.

    Tocou adestrar pola tarde e Erea acompañou ás nosas sereas, tanto no adestramento de seco como en auga.

    Botoulle un ollo ao material que é preciso para practicar este deporte, quedáballe todo un pouco grande, sobre todo as chanclas🤣🤣

    Como non puido tirarse á piscina, animounas dende o bordo, que digo animounas, veuse arriba e marcoulles o ritmo🎵🎶 coa picata.

    Como o de meterse na auga non foi posible, fixo o spagat e por suposto non quixo marchar sen sacar unha foto coas nenas.

    Grazas Erea por acompañarnos e ao mesmo tempo visibilizar este fermoso deporte 💚💚

  • Exhibición de Nadal 🎄

    O pasado sábado 14 de Decembro celebramos a exhibición de Nadal no Complexo Deportivo Javier Gómez Noya.

    17 bailes foron representados polas nosas nadadoras e que ben o fixeron ! 🎶

    Sempre facemos unha representación de danza xa que coma ben sabedes a natación artística é un deporte que combina outras disciplinas. A Nosa profe Ana de AMEI DANZA fixo un traballo fermoso e quedamos emocionados 💚🤍

    En canto ao auga puidemos desfrutar de sós, dúos e equipos 💧

    Dende as máis pequenas 🌟

    Acrobacias 🤸

    Dende logo foi unha tarde para recordar ♥️

  • EXHIBICIÓN DE NADAL 🎄

    XA ESTÁ AQUÍ DECEMBRO E CON ESTE MES TAN FERMOSO CHEGA A NOSA EXHIBICIÓN DE NADAL!

    NON PODES FALTAR 🌟🎄