O pasado 9 de novembro tivemos unha cita no Comlexo deportivo Rías Do Sur.
Celebrouse o Campionato Galego de Rutinas técnicas junior e a Nosa nadadora Xandra Martínez Permuy participou e deixounous embelesados coa sua actuación.
Aquí temos a Xandra dando o gran paso para comezar a competir na modalidade de só técnico junior.
Competiu contra outras tres nadadoras galegas que forman parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Xandra conseguiu o 4o posto con 134,4333 puntos e representou a fermosa canción chamada Falling apart. 🤍
Nas rutinas técnicas existen unha serie de elementos que debes incorporar obligatoriamente á rutina, no caso do só son 6 elementos obrigatorios.
Comezamos tempada ben cargada de soños e ilusión e as nosas sereas demostraron que veñen pisando FORTE 💪
Esta Competición celebrouse en Pontevedra no Complexo Deportivo Rías do Sur o día 9 de Novembro de 2024 ❤️
En primeiro lugar participaron as nadadoras de infantil:
-Julia Varela 45 posición -Ariela Soto 40 posición -Nemesis Lassey 43 posición
Contamos con estas tres sereas nacidas no 2012 polo que son infantil de 1o ano as cales están moi unidas e cumprindo os obxectivos 🔥
Despois das infantiles competiron por primeira vez nesta tempada as nadadoras de Alevín. Este ano contamos cun equipo de 9 nadadoras! 🎶
-Marta Leiras 8 posición -Blanca Leiras 13 posición -Silvia DoBarro 28 posición (13 do 2014) -Sara Vigo 34 posición -Gaia Bande 35 posición -Emma Gonzalez 36 posición -Valeria Martinez 46 posición -Carlota Pérez 50 posición -Noa Pico que debido a unha lesión non puido competir pero foi a animar ao seu equipo.
Está claro que esta tempada TEN MOI BOA PINTA 💚💪😎
Noraboa polos resultados sereas 🧜♀️ a seguir loitando !
Estamos a emprender unha nova aventura no CLUB SINCRO FERROL e queremos contarvos porque estamos tan ilusionadas.
Comezamos coa iniciativa solidaria creada para visibilizar e fomentar a inclusión das personas con Síndrome de Down.
Para levar a cabo este propósito aparece Erea (nome de orixe galego, Irene en castelán), que é una preciosa boneca con síndrome de Down. Os seus rasgos característicos seguro que invitan a moitas persoas a interesarse por aumentar os seus coñecementos sobre o síndrome de Down e incluso, a darlle a coñocer aos seus fillos, fomentando en eles valores tan importantes como a empatía, o respeto e a tolerancia á diversidade, normalizando que todos somos diferentes e todos somos iguais e únicos dentro desta sociedade que nos agrupa.
Erea viaxará a partir do 11 de novembro do 2024 coñecendo a todalas persoas/familias que desexen participar nesta iniciativa solidaria que recauda fondos para a Federación Down Galicia, entidade sen ánimo de lucro.
O Club Sincro Ferrol, equipo de natación artística que compite a nivel autonómico e nacional, leva dende o ano 2004 practicando e dando exemplo de valores tan importantes como a solidaridade, o traballo en equipo, o empoderamento, a igualdade, o respeto, a superación persoal e a empatía, non podíamos deixar pasar esta oportunidade de dar un pasito máis e participar nesta iniciativa solidaria que apoia a inclusión das persoas con síndrome de down.
Maruxa Permuy, presidenta do Club Sincro Ferrol, invitou a Erea a un dos duros adestramentos que realizamos, así que Erea debe de ir collendo forza 💪
Se queres participar nesta iniciativa solidaria podes poñerte en contacto a través do WhatsApp 671442979 ( Pancho) para que poida enviarte a Erea.
A tempada pasada despois de moitos anos conseguimos asistir aos dous Campionatos de España da categoría junior. Para nós foi un esforzo enorme e queríamos recordar o gran orgullo que sentimos polas nosas nadadoras.
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE INVERNO 🌟
Celebreouse en Valladolid do 15 ao 17 de Marzo de 2024 nas instalacións Piscina Municipal Cubierta Parquesol “Laura López Valle”.
Neste Campionato presentamos a rutina chamada só técnico junior que foi representado por Xandra Martínez Permuy a cal conseguiu a 17 posición de España a tan só 3 postos de clasificarse para a rutina só libre junior.
Xandra obtivo 149,8833 puntos sen BASE MARK na súa rutina.💚
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE VERÁN 🌟
Deste Campionato xa falamos noutra entrada do blog polo que comentamos por enrriba.
Celebrouse en Oviedo do 5 ao 7 de Xullo nas Piscinas Parque del Oeste.
Participamos co só técnico junior representado por Xandra Martínez Permuy que acadou a 27 posición con 175,4000 puntos (4a clasificada galega).🤍
Neste Campionato tamén participaron as dúas nadadoras novel de junior Vera Lamas Tenreiro e Iria Aller Rey coa rutina dúo técnico junior.
Conseguiron a 31 posición con 150,1233 puntos. Foi a 1a vez que esas nadadoras anticipaban nun Campionato de España e os nervios estaban á vista máis aínda así as nosas nadadoras fixeron unha fermosa actuación.🤍
Grazas á Deputación da Coruña que nos subvencionou para participar nestes Campionatos de España Junior de Inverno e de Verán.💧
Onte sábado 28 de setembro O Club Sincro Ferrol tivo unha cita no Pavillón Rías do Sur (Pontevedra) para celebrar a 1a tecnificación galega de natación artística da tempada 24-25.
A tecnificación foi impartida pola directora técnica de natación artística da Fegan Sandra Montes.
Participaron 43 deportistas en sesión de mañá nacidos entre o 2013 e 2016.
Do 2013 participaron as nosas xemelgas Marta Leiras e Blanca Leiras. 💚
Do 2014 Noa Pico e Silvia DoBarro.💚
E a máis pequena do 2015 Carlota Pérez.💚
As nosas nadadoras de alevín demostraron as ganas que teñen de seguir neste proxecto deportivo e estamos moi orgullosas do seu traballo.🌟
Na sesión de tarde participaron 31 deportistas nacidos entre o 2010 e 2012.
A nosa nadadora de infantil Julia Varela era a terceira vez que participaba nunha tecnificación galega, as dúas tecnificacións anteriores foron na categoría alevín e demostrou o seu potencial deixandonos súper orgullosos.
Esperamos seguir crecendo grazas ao esforzo das nosas sereas as cales teñen un futuro moi brillante por adiante.🏊♀️
Rematamos a tempada coa categoría junior o pasado 5, 6 e 7 de Xullo no que as nosas nadadoras mais veteranas participaron nas Piscinas Parque del Oeste (Oviedo) no Campionato de España Junior e Absoluto de Verán.
Nesta ocasión competiron as nadadoras Vera Lamas Tenreiro e Iria Aller Rey por primeira vez nun Campionato de España.
Foi un Campionato cheo de emoción xa que Iria remataba con nós a súa traxectoria como nadadora do Sincro Ferrol 💚
Este dúo fantástico conseguiu a 31 posición con 150,1233 puntos. Sodes todo un ORGULLO 🧜♀️
Pasamos ao seguinte evento coa nadadora mais veterana do Club se falamos de Campionatos de España: Xandra Martínez Permuy nadadora que xa participou nesta tempada no Campionato de España de inverno (Valladolid) participou neste Campionato de Verán coa rutina de só técnico acadando a 17 posición a tan só 4 postos de conseguir clasificarse.
Representou unha canción fermosa de Benson Boone chamada Beautiful things, seguro que a recoñecedes 🎶
Xandra conseguiu a 27 posición, con 175,4000 puntos e cabe destacar que foi a 4a clasificada galega.
Noraboa Xandra! ❤️
Dende o Club Sincro Ferrol agradecemos ás nadadoras o esforzo posto neste Campionato, ás familias das nadadoras por cubrir as bancadas de verde e á Deputación da Coruña por subvencionarnos para poder realizar este soño. 💚💧
Como broche final da tempada para as nosas alevíns entre os días 28-30 de Xuño de 2024 celebrouse nas instalacións do Pavillón dos Remedios (Ourense) o Campionato de España Alevín Promoción de Verán.
Dende a pandemia este club non conseguira presentar a Campionatos de España a ningún grupo de alevín mais estas rapazas traballaron moi duro para conseguer cumprir os seus obxectivos.
Na competición de figuras conseguiron a seguinte clasificación:
NOA PICO PÉREZ 61, 7a clasificada das nadadoras do 2014.
JULIA VARELA VILA 132.
NÉMESIS LASSEY BLANCO 142.
MARTA LEIRAS CASTRO 163.
BLANCA LEIRAS CASTRO 170.
ARIELA SOTO MEIZOSO 191.
SARA VIGO BARROS 202.
Noraboa sereas obxectivo máis que cumprido! ✨
O mesmo día na sesión de tarde participamos coa rutina combinada , os nervios e as ganas de saír á tarima de competición será un recordo que as nosas pequenas sempre terán na súa memoria.
Fixeron unha magnífica actuación representando ás SPICE GIRLS , unha rutina coa que destacaron as ganas de bailar.💃
Acadaron a 17 posición con 104,87 puntos, fantásticos resultados!
Xa na última sesión e para rematar a competición participamos coa rutina de equipo libre alevín representando a película de Cruella de Vil.🖤❤️
As nosas sereas superáronse e consegueron a 13 posición con 151,92 puntos, MARABILLOSAS !
Dende o Club Sincro Ferrol agradecemos ás nadadoras o esforzo posto neste Campionato, ás familias das nadadoras por cubrir as bancadas de verde e á Deputación da Coruña por subvencionarnos para poder realizar este soño. 💚💧
Rememoramos a fantástica tarde que pasamos o Domingo 23 de Xuño na Piscina Javier Gómez Noya.
As nosas sereas demostraron o gran traballo que fixeron ao longo da tempada 23-24 realizando as súas rutinas coas que competiron nos Campionatos Galegos das categorías de Promoción (prebenxamín, benxamín e infantil) e as categorías de nivel (alevín, infantil e xunior).
Algunas das rutinas que se presentaron mais adiante se presentarían nos Campionatos de España Alevín Promoción e Xunior de verán.
Nesta exhibición as nosas nadadoras tamén demostraron o gran traballo que levan realizando nas clases de danza as cales lles serven para a posta en escea á hora de competir.
Estas clases se levan a cabo na Academia Danza AMEI coa súa profesora Ana con quen estamos moi agradecidos do seu esforzo e dedicación.
Grazas a todas as persoas que asistiron por apoiar a este pequeno club ao que algúns nos gusta chamar FAMILIA 💚
Agradecemos tamén ao Concello de Ferrol por cedernos a instalación para poder celebrar dito evento e pola colaboración que nos prestaron.
E por último moitas grazas a Ricardo Aldrey , concelleiro de deportes do Concello de Ferrol por asistir e dar visibilidade aos pequenos deportes.
O 5 de Maio Celebrouse nas instalacións do Club Sincro Ourense (Pabellón dos Remedios) o Trofeo Copa Deputación Ourense no cal participamos con dúas categorías:
EQUIPO LIBRE BENXAMÍN
Este equipo composto por 5 nadadoras das cales dúas comenzaron a facer sincro nesta tempada 23-24 conseguiron a primeira posición e medalla de Ouro cunha rutina baseada na película ELEMENTAL 🔥💧.
Forman parte deste equipo: Nya Lassey, Lara Barro, Valeria Martínez, Emma González, Silvia DoBarro.
Noraboa sereas! 🧜♀️
Participamos tamén co COMBO DE PROMCIÓN INFANTIL
Este equipo está formado por 8 nadadoras, aínda que unha delas non asistiu.
Esta rutina foi a máis rockera de toda a competición como podedes ver nos seus fermosos bañadores 🎸
As nosas sereas conseguiron a 5a posición, noraboa !
Este equipo está formado por: Belén Rodríguez, Alba Ulloa, Cecilia Posas, Lucía Cupeiro, Briana Algaba, Sofía Rodríguez, Alba Couto e Catuxa Díaz. ❤️