Blog

  • Última liga de figuras 23-24 🥇

    O pasado 20 de Abril celebrouse en Ourense a terceira liga de figuras Alevín e Infantil a demais da 3a xornada copa promoción prealevín.

    Na 3a liga de figuras se sumaban todas as clasificacións de figuras da tempada 2023-2024 e as nosas sereas fixeron unha magnnífica actuación.

    Na categoría alevín participaron :

    Julia Varela (2012) 28 posición da clasificación xeral.

    Ariela Soto (2012) 31 posición da clasificación xeral.

    Némesis Lassey (2012) 24 posición da clasificación xeral.

    Blanca Leiras (2013) 33 posición da clasificción xeral.

    Sara Vigo (2013) 41 posición da clasificación xeral.

    Marta Leiras (2013) 27 posición da clasificación xeral.

    Noa Pico (2014) 12 posición da clasificación xeral e primeira clasificada das alevíns do ano 2014🥇.

    Na categoría Infantil participou Vera Lamas na súa última Liga de Figuras xa que por idade na próxima tempada cambiará de categoría.

    Vera mellorou os resultados da tempada anterior e tivo unha progresión espectacular. Conseguiu a 21 posición da clasificación xeral.

    Na Copa promoción de prealevín participou Briana Algaba (2012)acadou a 28 posición e mellorou os seus propios resultados respecto a tempada anterior.

  • Un sábado cheo de figuras…

    Este sábado 13 de Xaneiro celebrouse nas instalacións do pabellón dos Remedios (Ourense) a 2a xornada liga de figuras alevín e infantil e a copa promoción de prealevín.

    En sesión de mañá participaron as prealevíns na súa primeira competición do ano, os nervios estaban á vista…

    As nosas nadadoras Candela e Briana realizaron as súas tres figuras con moita ilusión : barracuda, perna de ballet estirada e kip.

    ❤️Briana Algaba (dereita) conseguiu unha 28 posición, sendo este o segundo ano que practica natación artística.

    ❤️Candela Loures (esquerda) conseguiu a 51 posición, sendo a súa primeira tempada realizando natación artística.

    En sesión de tarde xa pasamos á 2a xornada liga de figuras (alevín e infantil).

    Sendo a segunda competición de figuras da tempada xa non había tantos nervios pero aínda así á hora de competir sempre existe un pouco de presión.

    Na categoría de alevín presentamos a 7 nadadoras que forman un equipo espectacular.

    As nosas sereas fixeron un traballo boísimo conseguindo moi boas posicións na clasificación xeral.

    💚Noa Pico Pérez conseguiu a sexta posición na clasificación xeral e a primeira posición das nadadoras nacidas no 2014.

    💚Némesis Lassey Blanco conseguiu a 15 posición xa que na figura de Ariana conseguiu unha excelente puntuación.

    💚Ariela Soto Meizoso conseguiu a 27 posición.

    💚Julia Varela Vila conseguiu a 33 posición.

    💚Blanca Leiras Castro conseguiu a 34 posición.

    💚Marta Leiras Castro conseguiu a 35 posición.

    💚Sara Vigo Barros conseguiu a 44 posición.

    Na última sesión do día competiron as nadadoras da categoría infantil na que Vera se esforzou ao máximo.

    Vera Lamas Tenreiro é infantil de último ano mais á hora de preparar bailes está competindo na categoría junior (unha categoría superior á dela).

    Nesta liga de figuras Vera conseguiu á 21 posición mellorando os resultados da anterior liga.

    E

    E así foi como o Club Sincro Ferrol pasou un sábado cheo de figuras…✨

  • 1a xornada liga de figuras

    O pasado 3 de Decembro celebrouse a 1a xornada liga de figuras alevín e infantil no Real Club Náutico de Vigo onde ademais de realizar unha competición de figuras e conseguir moitos obxectivos puidemos ver as luces e a preciosa noria de Nadal de Vigo.

    Nesta 1a competición da tempada participaron 8 nadadoras do noso Club:

    Na categoría de alevín:

    Julia Varela Vila (2012)

    Némesis Lassey Blanco (2012)

    Ariela Soto Meizoso (2012)

    Blanca Leiras Castro (2013)

    Sara Vigo Barros (2013)

    Marta Leiras Castro (2013)

    Noa Pico Pérez (2014)

    Na categoría de infantil participou Vera Lamas Tenreiro (2009).

    Todas as nadadoras conseguiron alcanzar os obxectivos persoais marcados. Noraboa sereas ❤️💚

  • Exhibición de Nadal

    O vindeiro 17 de decembro ás 12:00 tedes unha cita co Club Sincro Ferrol!

    Realizaremos unha exhibición moi navideña que constará de moitos Sorteos , bailes de ballet e contemporáneo, bailes de natación artística e moitas panxoliñas.

    A demais poderás ver o trabalho duro que levan realizando as nosas nadadoras e adestradoras dende o mes de setembro.

    Agardamoste con moita ilusión. Queremos despedir o ano 2023 en familia e contamos con todos vos.

  • Grupo máster, toda unha novidade.

     

     

     

     

    Unha novidade que vos deixará abraiadas.

    Esta tempada creamos no noso club unha nova categoría chamada Máster.

    Dito equipo estará formado por persoas de 25 anos en adiante.

    A idea de formar este grupo veu do campionato galego de verán do ano 2023 xa que vimos competir a unhas marabillosas mulleres de Santiago de Compostela. Saímos tan contentas daquela competición que foron as propias nais do club as que nos preguntaron para formar este equipo e así o fixemos. Pero tamén esperamos con ansia que algún home se apunte a esta actividade!

    O horario de adestramento é os mércores de 20:30 a 21:15 na Piscina de Fene. Se queres formar parte deste equipo ponte en contacto con nós.

     

     

     

     

     

     

     

  • Aberta inscrición tempada 23-24

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    QUERES ADENTRARTE NUNHA GRAN AVENTURA?

     

    Temos aberta a inscrición para a tempada 2023-2024 e podes realizar unha proba durante o mes de setembro coma realizamos todos os anos , animámoste a que se queres comezar unha nova etapa ou probar un novo deporte vos poñades en contacto con nós xa que temos os brazos abertos para todas e todos.

  • O Club Sincro Ferrol, unha familia unida

     

    Benvida ao blog do Club Sincro Ferrol, un espazo adicado ao deporte, pero sobre todo á natación artística.

     

    Este deporte minoritario abarca diferentes especialidades: a natación, a danza e a ximnasia que combinadas entre sí crean un lenzo de beleza acuática.

     

    Neste blog manterémoste informada das grandes proezas das nosas sereas e tritóns, que non van ser poucas xa que vemos de moitos anos dedicándonos á natación artística.

     

    Se o noso club destaca por algo é pola unidade que teñen as nosas nadadoras, xa que dende o primeiro momento tentamos inculcar que é un deporte de equipo e que somos máis fortes todas xuntas.

    Por isto e por moito máis O Club Sincro Ferrol é unha gran familia.